SAÍDA AOS PETROGLIFOS
Xa temos o vídeo da saída que fixeron as nenas e os nenos de 1º e 2º para coñecer os petroglifos. Xa son todos uns expertos.
PROGRAMA RADIO: EU CONTO, TI CANTAS
Os nenos e nenas de 3º traballamos na área de música o libro en verso Eu conto, ti cantas, de Mª Victoria Moreno.
Despois de ler os tres contos deste libro, fixemos un guión para elaborar o programa de radio. A continuación, gravamos e buscamos músicas para amenizar o noso programa.
Finalmente editámolo... e agora a escoitar esta recomendación lectora dos nenos e nenas de 3º.
OBRADOIRO DE IGUALDADE E EXPOSIÓN DO "TRABALLO DIXITAL DA MULLER"
OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS CON JULIO FERRO
Unha vez mais tivemos a honra de contar, dentro do noso plan de formación, coa visita de Julio Ferro.
Julio acompañounos unha vez mais para facer das matemáticas un xogo. Desde os pequenos aos maiores desfrutamos observando, manipulando e, sobre todo, aprendendo.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños.