viernes, 10 de junio de 2022

XORNADA DE GOLF NO CAMPO DE MEIS

 Os nenos e nenas de 5º de E.P experimentaron o achegamento a un deporte menos coñecido e moi atractivo para o alumnado, O GOLF.

Esta actividade enmarcada no programa XOGADE comezou cun traballo previo no centro, no que coñecemos os aspectos fundamentais deste deporte: os golpeos básicos, os materiais que empregan para xogar, o lugar onde se practica este deporte e afinamos a nosa puntería cunha proposta didáctica.

Unha vez tiñamos as nocións básicas, desprazámonos ó campo de golf de Meis para coñecer da man de dous profesionais do Golf e mestres da escola do clube, como se xoga a este deporte, aspectos a ter en conta e mesmo xogaron un burato para nós semellante ao xogo real.

Logo chegou o momento de practicar, e comprobamos que temos grandes golfistas no colexio, pero sobre todo, pasámolo moi moi ben. 


Premendo na imaxe podedes comprobalo: