martes, 13 de marzo de 2018

RESUMO CURSO 2017-2018 (2º TRIMESTRE)

DÍA DA PAZ 2018



OBRADOIRO DOS SENTIDOS


VISITA DE ANDRÉS DACOSTA, DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO

Os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron a honra de recibir a visita de Andrés Dacosta, secretario da Asociación A Solaina, asociación para a defensa e promoción do patrimonio histórico-artístico de Combarro. 

Todo xurdiu polo noso PDI deste ano: O patrimonio de Combarro, en concreto, os nenos e nenas de 3º e 4º están traballando a parte da arquitectura do pan: hórreos, eirados, muíños, fornos...

Grazas Andrés pola túa colaboración.





DÍA DO LIBRO 23 ABRIL 2018

Durante toda a semana do 23 ao 27 de abril adicamos un momento especial despois das músicas-timbre á lectura de pequenos fragmentos de libros escollidos polos nenos e nenas a través da megafonía do cole.


Por outra banda, a ANPA quixo homenaxear o Día do libro regalándonos unha rosa a nenos/as e profes. 

Moitas grazas por este detalle tan fermoso.






MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS (1º TRIMESTRE 2017)


OBRADOIRO MATEMÁTICAS OAOA CON JULIO FERRO

Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro que nos fixo Julio Ferro, membro da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemética (AGAPEMA) sobre as Matemáticas OAOA. 



Matemáticas Vivenciais e 4º




JULIO FERRO MARRA
Experto universitario (UNED 2002-2003) en Recursos e Materiais para a Ensinanza da Matemética en Educación Infantil, Primaria e ESO.
Ponente de cursos de formación do profesorado nos CEFORES de Vigo, Pontevedra, Tui, A Coruña, Ourense, Lugo e Ponferrada.
Creador e coordinador pedagóxicoda Semana Matemética en Vigo (a partires da 9ª edición IMATXINA), que vai xa pola 13ª edición.
Responsable en Vigo, desde fai anos, da realización do Rebumbio (Concurso de mateméticas para 6º de Primaria), da Olimpiada Matemática para 2º da ESO e de Matemáticas na Raia para 3º da ESO en colaboración coa APM (Asociación de Profesores de Matemáticas en Portugal). Todas elas organizadas pola AGAPEMA, sociedade da cal é Secretario Xeral desde 2011.
Profesor de matemáticas, debuxo técnico e tecnoloxía no CPR Rosalía de Vigo e recén xubilado.