DÍA DA PAZ 2018
VISITA DE ANDRÉS DACOSTA, DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO
Os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron a honra de recibir a visita de Andrés Dacosta, secretario da Asociación A Solaina, asociación para a defensa e promoción do patrimonio histórico-artístico de Combarro.
Todo xurdiu polo noso PDI deste ano: O patrimonio de Combarro, en concreto, os nenos e nenas de 3º e 4º están traballando a parte da arquitectura do pan: hórreos, eirados, muíños, fornos...
Grazas Andrés pola túa colaboración.
DÍA DO LIBRO 23 ABRIL 2018
Durante toda a semana do 23 ao 27 de abril adicamos un momento especial despois das músicas-timbre á lectura de pequenos fragmentos de libros escollidos polos nenos e nenas a través da megafonía do cole.
Por outra banda, a ANPA quixo homenaxear o Día do libro regalándonos unha rosa a nenos/as e profes.
Moitas grazas por este detalle tan fermoso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario